Europa Press . O pleno do comité de persoal de Ence ratificou a convocatoria dun paro para os días 18 e 19 deste mes tras decidirse durante a asemblea do pasado 28 de xaneiro, na que máis dun 71 por cento dos traballadores apoiou esta medida, que xa lle comunicou á empresa.
Así mesmo, solicitoulle aos responsábeis de Ence que se convoque "urxentemente" o comité de folga para pactar os servizos mínimos e o voceiro do sindicato CIG, Eladio Torres, apremou a dirección para negociar, tras asegurar que non descarta recorrer aos tribunais se, "como a última vez, os servizos mínimos son abusivos". Torres xustificou a convocatoria de folga baseándose nos incumprimentos do convenio; os axustes laborais no parque de madeira; a retirada do dereito a economato por parte de empregados xubilados e pasivos; ou a falta de seguridade e presuposto para cumprir as normas de prevención, entre outros motivos. "Non hai ningunha reivindicación salarial", aclarou o representante sindical. O portavoz sindical acusou a dirección de Ence de "improvisación" na xestión da empresa e de "xogar ao desgaste" cos traballadores por "non escoitar a parte social". Tamén instou á Xunta para que reciba o comité de empresa, que solicitou en reiteradas ocasións entrevistarse co presidente galego, Alberte Núñez Feixóo e co conselleiro de Economía e Industria, Xavier Guerra. Pola súa banda, Ence considerou que, aínda que "respecta" a decisión dos traballadores, a convocatoria de folga é unha medida "desproporcionada", ademais de expoñer -nun comunicado- que "todos os esforzos deben centrarse en superar a situación económica e aproveitar a visíbel mellora do mercado internacional da celulosa", tras un ano de "esforzo financeiro e operativo".
Detalle da entrada a Ence.
Descargar Tarifas