PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Reunión co Movemento polos Dereitos Civís
O BNG aposta por crear unha axencia galega de protección de datos

Redacción .  O BNG recolleu hoxe a petición do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) e apostou por crear unha axencia galega de protección de datos a semellanza das que xa existen en Catalunya e no País Vasco, e despois de que o portavoz desta asociación, Renato Nunes, avisase de que a estatal lles pediu que 'limitasen' as súas reclamacións.

Reloxo 02.02.2010 | 18:58

Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG, con responsábeis do Movemento polos Dereitos Civís Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG, con responsábeis do Movemento polos Dereitos Civís. AGN

En paralelo a esta reclamación, os membros do MpDC apostaron, no marco dunha reunión co portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, por impulsar unha lei de protección de datos, sobre todo en relación ás cámaras de videovixilancia, acerca das que xa se gañaron "varias sentenzas" por parte da asociación.

Sobre este extremo, o portavoz nacional recalcou que se pasou da "inviolabilidade" dunha carta a situacións como as que se viven hoxe en día nos aeroportos, en que os controis "someten cada día a situacións máis insultantes" aos cidadáns, tras o que indicou que se estudará a proposta realizada.

Ademais desta petición, efectuada hoxe no marco dunha reunión entre o portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, e o MpDC, os portavoces desta entidade expuxeron a necesidade de impulsar por lei o dereito á información dos cidadáns, algo que estudarán os nacionalistas –apuntou o portavoz nacional– posto que o acceso "está limitado en moitos concellos co fin de dificultar o traballo da oposición", a pesar de que constitúe "un dereito inalienábel".

Dereito información

Neste sentido, Renato Nunes, que entregou os informes anuais da asociación desde a súa creación hai oito anos, considerou "fundamental" o dereito ao acceso á información para o "bo funcionamento das institucións e da cidadanía". "A súa carencia leva a unha inseguridade xurídica grande e a que os cidadáns non poden reclamar aquilo que en teoría lles garante a Constitución", subliñou.

Deste xeito, o líder nacionalista recibiu un texto cunha proposta de lei de acceso á información, redactada por esta asociación, e que ten como obxectivo facilitar o traballo de colectivos sociais e organizacións políticas na defensa dos intereses dos cidadáns, para que as institucións faciliten a documentación que se lles require.

Finalmente, o representante de Movemento polos Dereitos Civís propuxo, tamén, a creación dun mecanismo de control dos corpos e forzas de seguridade a través dunha axencia galega de boas prácticas e similar ás existentes en países como o Reino Unido, para "evitar reaccións desproporcionadas".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río