PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Cabaleiro asegura que a rede dixital se fai con tecnoloxía galega
A Xunta concederá axudas para recibir a TDT vía satélite

Redacción .  O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, asegurou que a Xunta de Galicia porá en marcha, xunto cos concellos e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), unha liña de axudas para as persoas con poucos recursos que residan en zonas de sombra e tñan que facer a instalación da recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Reloxo 02.02.2010 | 15:19

Afonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios Afonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios. AGN

Na súa comparecencia este martes na Comisión 1º Institucional, Cabaleiro asegurou que un dos principios polos que se rexeu o Executivo na extensión da TDT é o da “universalidade” do sinal para que o “cento por cento” da poboación acceda a esta tecnoloxía en igualdade de condicións.

Cabaleiro recordou que a normativa estatal de TDT só obriga a facilitar a cobertura do 98  por cento e apuntou que algunhas zonas de Galiza xa non recibían ben o sinal analóxico de televisión.

O responsábel de Medios indicou que unha vez finalizadas as fases I e II do apagón analóxico en Galiza, a cobertura situarase nun 97 por cento, unha cifra que superará o 98 por cento cos próximos acendidos dixitais.

Alfonso Cabaleiro explicou que a Xunta, en colaboración coa Femap e os concellos porá en marcha axudas para persoas en risco de exclusión ou con rendas baixas que residan en zonas de sombra para que poidan afrontar a  instalación dos receptores vía satélite, algo que reclamou o BNG e o PSdeG, xa que as axudas do Goberno central só inclúen a adquisición de decodificadores, non a modalidade vía satélite.

16 millóns

O director xeral de Medios indicou que a inversión da Xunta no apagado analóxico ascende de 16 millóns de euros, que se veñen aplicando dende agosto do ano pasado e concluirán en abril deste ano.

O responsábel de Medios tamén destacou que as instalacións e os traballos de extensión da TDT en Galiza estanse a realizar con “tecnoloxía, empresas e técnicos” galegos. concretamente 150 empresas instaladoras galegas participaron no curso de formación da Xunta que as acredita como instaladoras oficiais e a Administración fará proximamente outra acción formativa na que xa están inscritas 50 empresas.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río