PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Bieito
Iglesias
Escritor
Ovos podres
 02.02.2010 | 13:20

Emprestaríalle de boa gana a Roberto Varela, ex cónsul en Nova Iorque, a edición de Kaputt que a min me deixou Joám Trillo, un amigo italianizante. Citarei un anaco do prosador Curzio Malaparte: “Avete letto New York di Cecil Beaton?”, mi domandò William. “Peccato”, disse Jane, “che l´Italia non abbia uno scrittore come Cecil. Gli scrittori italiani sono provinciali”. “Perché no?”, disse Dorothy, “in quanto a pettegolezzi, Roma non ha nulla da invidiare a New York. Quel che manca non sono i pettegolezzi, ma un gossip writer”. “La stessa New York , in fondo”, disse Dora, “è una città di provincia”. Na Galiza tamén circulan murmuraciós (pettegolezzi) sobre a vida privada dos conselleiros pero o sistema literario galego carece dun escritor mexeriqueiro (gossip writer) que as publique. Eu escribín, en Pan e coitelo, sobre un conselleiro de cultura que ten como programa político saquear os orzamentos pra fuxir ao Brasil e vivir alá como un rei nunha cesta. Infelizmente, os políticos de carne e óso carecen dese esprit e son provincianos de raio. Varela, por caso, presume de universalista e ponlle defecto de ensimesmamento á cultura galaica, como se el soubese máis que Otero Pedrayo de Chateaubriand, Goethe, Rousseau, Hugo, Villiers de L’Isle-Adam ou Joyce. O orgullo dos medíocres é satánico, cheira a xofre e ovos chocos.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río