Redacción . O 'Catalingua', o concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua –a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net– xa ten aberto o prazo para presentar os temas nesta edición. O prazo remata o 10 de abril.
Poden presentarse a este certame todos os grupos ou solistas, independentemente do estilo musical, que manden unha canción en galego sen contidos obscenos nin discriminatorios. Os participantes deberán enviar a súa composición en formato MP3 e un correo electrónico ou teléfono de contacto a correlingua. O prazo para enviar as cancións remata o 10 de abril e todas as composicións poderán escoitarse nas páxinas de Correlingua e Komunikando. Os gañadores serán elixidos por votación popular vía Internet e por un xurado integrado por persoas vinculados á música e o fallo darase a coñecer arredor do 15 de abril. O premio serán 11 concertos para o Correlingua 2010 que se repartirán entre os tres primeiros grupos ou solistas clasificados. O primeiro tocará en 5 concertos, o segundo en 3 e o terceiro en dous concertos.
Descargar Tarifas