PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Os nenos como protagonistas
A II Mostra de Cine Social mira a África

Redacción .  A segunda edición da Mostra de Cine Social de Vigo mira a África na que a escola é a súa protagonista. O ciclo, organizado por Cáritas Diocesana Tui-Vigo, conta coa colaboración do proxecto Cinenómada da ONG D Al Tarab, que achega a realidade do continente veciño a través do cine aos cidadáns.

Reloxo 02.02.2010 | 12:51
TAGS: Cine Social , Vigo , África ,

Imaxe de 'Binta e a gran idea', de Javier Fesser Imaxe de 'Binta e a gran idea', de Javier Fesser

Hoxe e mañá estudantes de máis de 10 colexios de Vigo participarán na Mostra de Cine Social de Vigo. Cáritas Diocesana Tui-Vigo organiza este festival no que os títulos elixidos nesta ocasión teñen como protagonistas as miradas inocentes e sinceras dos máis novos para amosar a realidade das súas vidas en África.

O proxecto Cinenómada da ONG D Al Tarab, que coa axuda de Casa África está facendo ao longo de todo o ano un traballo de divulgación, colabora coa organización ao facilitar as películas do continente que se van proxectar ao público.

Proxeccións

As sesións que terán lugar no Cine Teatro Salesiano de Vigo son gratuítas e o horario de mañá está reservado exclusivamente a escolares. Pola tarde, ás 19h30  para o público xeral.

Hoxe a programación inclúe as curtametraxes Menged do director etíope Daniel Taye Workou; Lucky, de avie Luthra e Binta e a Gran Idea, de Javier Fesser .

Mañá proxectarase a película Izulu Lami, do dirertor sudafricano Madoda Ncayiyana.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río