PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Organizacións ecoloxistas critican o valeirado da lagoa
Medio Rural ve 'infundadas' as críticas sobre A Frouxeira

Redacción .  O director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, cualificou hoxe de 'infundadas' as críticas que organizacións ecoloxistas e partidos como o PSdeG fixeron ao seu departamento polo baleirado na lagoa da Frouxeira, no concello de Valdoviño.

Reloxo 02.02.2010 | 11:36

Lagoa da Frouxeira (Valdoviño) antes de sufrir as obras Lagoa da Frouxeira (Valdoviño) antes de sufrir as obras

García-Borregón, que asistiu en Oleiros a unhas xornadas sobre humedais, afirmou que “se fixo o que se tiña que facer para evitar as inundacións na zona” a petición do propio concello de Valdoviño, e engadiu que este tipo de actuacións se fan con periodicidade dende hai “50 anos”.

O responsábel de Conservación da Natureza adiantou que a Xunta abordará “un plan específico e encargará un estudo sobre a dinámica hidrolóxica de A Frouxeira” e recoñeceu estar “preocupado” polo estado de conservación deste espazo natural.
 
Humedais en Galiza

Sobre os humedais, o director xeral de Conservación da Natureza dixo que “son fundamentais para evitar o deterioro dos ecosistemas” e indicou que unha das prioridades da Consellaría de Medio Rural será facer un plan de humedais e un invetario dos que existen en Galiza.

García-Borregón recoñeceu que non existe un plan de conservación específico para humedais en Galiza, aínda que indicou que o Plan Director da Rede Natura, que a Xunta está a redactar, incluirá unha referencia específica para a protección destas zonas.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río