Redacción . Uniminho, a asociación transfronteiriza dormada pola Deputación de Pontevedra e cinco concellos do norte de Portugal –Melgaço Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vilanova de Cerveira–, presentará este ano un plan de transporte público que buscará dar servizo aos dous lados da fronteira.
Segundo informou a Deputación Provincial de Pontevedra, a previsión é investir un total de 344.210 euros para desenvolver un Centro de Información Transfronteiriza e elaborar estudos que garantan a viabilidade deste proxecto que dispón de fondos do Programa de Cooperación Territorial de Unión Europea. Estes traballos determinarán as liñas necesarias, o seu itinerario e custo para os usuarios, tendo en conta a posíbel existencia de subvencións. Os resultadso desta estudo serán presentados á Xunta e o Goberno de Portugal, administracións con competencias nesta materia, co fin de desenvolver un proxecto piloto entre os dous territorios. O obxectivo deste sistema de transporte entre Galiza e o norte de Portugal é afondar na cooperación entre todas as localidades involucradas para converter a Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal nun área competitiva que facilite a mobilidade das 27.000 persoas e os 5.000 traballadores que cruzan a diario a fronteira. Este proxecto serviría tamén para fomentar os intercambios comerciais que se producen nesta zona que na actualidade rozan os 2.000 millóns de euros anuais, grazas, en gran medida, ás 32.000 empresas que teñen a súa sede no triángulo formado por Vigo, Tui e Porto.
Tui desde Valença do Minho.
Descargar Tarifas