Europa Press . O Museo de Pontevedra acaba de incorporar aos seus fondos un novo documento manuscrito, autógrafo e inédito do Padre Sarmiento. O orixinal, parte do cal está asinado en 1752, está encadernado en pergamiño cunhas medidas de 30x21 centímetros e consta dun total de 56 páxinas.
O manuscrito está formado por 28 follas numerados polo anverso e reverso que presenta un comentario da obra Libro Bezerro, do mosteiro beneditino de Celanova- Esta parte ocupa da páxina 1 á 3 e está datada a 1 de xaneiro de 1752. O documento tamén recolle unhas “reflexións críticas” sobre a obra Celanova Ilustrada ou Anais da San Rosendo, cuxo autor é Frei Bieito da Cova, prior de aquel cenobio. Nerste caso o texto non ten data e, segundo responsábeis do Museo de Pontevedra, podería deberse a que o Padre Sarmiento non completase seus comentarios. Segundo o director do museo, Carlos Valle, o manuscrito é unha obra “de gran interese” para a entidade cultural considerada a institución galega que posúe “o máis rico conxunto de materiais relacionados coa figura do monxe beneditino.
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa, e o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, amosan o manuscrito do Padre Sarmiento.
Descargar Tarifas