PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Envíalles unha carta logo de que pedisen a dimisión
Varela dálles unha explicación aos premios nacionais

Redacción .  O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, envioulles unha misiva aos once premios nacionais logo de que os escritores reclamasen a súa dimisión polas declaracións 'descontextualizadas' nas que o responsábel do Goberno cualificou a cultura galega de 'ensimesmada' e 'acomplexada'.

Reloxo 01.02.2010 | 20:26

Roberto Varela, conselleiro de Cultura Roberto Varela, conselleiro de Cultura. Pepe Ferrín/AGN

Os once escritores que pediron a semana pasada a dimisión do conselleiro de Cultura veñen de recibir unha carta de Roberto Varela na que lles explica as declaracións que molestaron os premios nacionais. Segundo puido coñecer A Nosa Terra, o responsábel da Xunta loa a traxectoria dos escritores, así como o valor da cultura que se fai na Galiza, e asegura que as súas verbas foron un equívoco.

Na carta enviada aos once autores, Varela insiste na riqueza da nosa cultura logo de afirmar hai quince días que lle parece “un termo espiñento”. Tamén confesa que as declaracións –que ademais da carta provocaron esixencias de rectificación no Parlamento por parte da oposición– foron “sacadas de contexto”.

Os asinantes do manifesto que sinalaba a “falta de consideración” e o “escaso coñecemento” da cultura do país por parte de Varela, congratúlanse das explicacións que lles ofreceu o responsábel do Goberno galego na misiva que veñen de recibir.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río