Redacción . O Concello de Vilariño de Conso, gobernado polo PP, converteuse no primeiro municipio en posicionarse contra as bases do decreto do galego.
Este concello ourensán, cuxo alcalde é do Partido Popular, aprobou por unanimidade a moción impulsada polo BNG na que se demanda a retirada do decreto. Tamén insta a Xunta a que cumpra as súas obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza e se lle pide taxativamente ao Goberno galego que retorne ao consenso político e social que ficou consagrado tanto na Lei de Normalización Lingüística como no decreto 124/2007, produto este último do Plano de Normalización Lingüística.
Estudantes nun instituto.
Esta iniciativa do BNG vaise debater no conxunto dos concellos galegos e nela afírmase que “é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta de Galiza que maltrate e desprece a lingua propia do noso país”.
Descargar Tarifas