PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
INSISTE EN QUE CÓMPRE MÁIS PROMOCIÓN
Roberto Varela: 'Se non hai lectores a nosa industria será inviábel'

Manuel Vilas Dous novos microprogramas sobre libros na TVG e na Radio Galega, novidades da Xunta para paliar o polémico déficit de vendas en Galiza.

Reloxo 01.02.2010 | 12:36
TAGS: VARELA , LIBROS , CRTVG , RADIO GALEGA , AGE ,

Roberto Varela na presentación da Campaña de Promoción do Libro Galego Roberto Varela na presentación da Campaña de Promoción do Libro Galego. Ana Varela

O conselleiro de Cultura presentouse esta mañá ante a prensa cargado de gabanzas á "excelente vitalidade" da literatura galega. “O talento existe pero necesitamos unha maior promoción tanto en Galiza como no exterior”, dixo Roberto Varela na presentación de dous espazos sobre libros na Radio Galega e na TVG.

O mandatario incidiu en que cómpre que os libros en galego vendan máis, un dos seus argumentos habituais. A súa énfase na suposta falta de capacidade comercial da industria editorial (que cualificou de "ensimesmada") provocou a recente protesta da Asociación Galega de Editores e mesmo a petición de dimisión por parte dos premios nacionais de literatura.

“Se non hai lectores que demanden libro galego a nosa industria dificilmente sería viábel”, argumentou Varela. O político lembrou que “segundo as estatísticas oficiais o consumo de libros e da lectura está por debaixo da media”. Varela cualificou de "manifestamente mellorábel" o nivel de vendas.

Un minuto despois do Telexornal

Para paliar esta eiva, a Xunta financiará con 120.000 euros un novo programa de radio e outro de televisión. A TVG recupera o microespazo “Palabra de Autor, Palabra de Autora”, emitido entre 2000 e 2005. Estará no aire tras o Telexornal do Mediodía de luns a venres e tratará os “libros como noticia”.

Serán 120 programas de un minuto nos que "os autores abren as portas” das súas casas. O Goberno proxectou unha pequena mostra destas entrevistas con autores, por exemplo, como Xosé Carlos Caneiro, columnista de La Voz de Galicia, ou Rosa Aneiros, colaboradora de A Nosa Terra.

A Xunta promete que no espazo recollerá opinións de escritores de todas as xeracións, plumas consagradas e autores mozos. O espazo cubre parte do oco da retirada de "Libro Aberto" tras a chegada dos 'populares' ao poder.

Entre 3 e 5 minutos na Radio Galega

Na Radio Galega estrease “Biblioteca aberta”. Trátase de minientrevistas de entre 3 e 5 minutos diarios, de luns a venres, a un autor ou autora, escritor ou escritora, ou ilustrador ou ilustradora sobre o seu derradeiro libro con preferencia polas novidades. Asemade, en “Biblioteca Aberta” serán entrevistados directores e directoras de Bibliotecas públicas e privadas. Emitirase durante o magazine matinal.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río