PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
PROMESAS DE PEREIRA A AGASOL
Todo o software que encargue a Xunta será libre

Manuel Vilas O Goberno tenta calmar a polémica sobre Mancomun.org prometendo importantes programas para o sector, incluído un centro especializado en demostrar mediante casos concretos porque o software libre é máis eficaz.

Reloxo 01.02.2010 | 07:20

Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Jessica Barcala/AGN

Todos os programas que encargue a Xunta serán publicados nun futuro como software libre. Así figura nunha presentación "Iniciativas de Impulso ao Software libre e código de fontes abertas en Galicia (FLOSS)". A Xunta utilizou este documento nunha reunión coa patronal do sector, AGASOL, o 12 de xaneiro.

Privatización de Mancomun.org

O Goberno presentoulle aos empresarios as súas iniciativas xusto despois de tomar unha decisión moi polémica, o concurso para privatizar Mancomun.org. Unha empresa privada realizará o labor da oficina creada polo bipartito.

A diferencia dos programas propietarios (por exemplo, os de Microsoft), calquera pode mellorar e redistribuír as ferramentas libres. Isto facilita a súa mellora e tradución ao galego, como proban a popularidade, por exemplo, de Firefox ou OpenOffice.

Centros para PEMEs e de casos de éxito

Ademais de só encargar software libre, o Goberno conservador promete crear dous novos organismos.

Un "Centro Demostrador de produtos de Software Libre" para dar a coñecer casos de éxito. Ademais a Xunta financiaría un "Servizo Integral á Peme" para atopar en que sectores é máis doado introducir o software libre.

 Modernización pagará unha nova imaxe

O deseño destes novos centros será parte de dous plans para o sector. Un a curto prazo, que se aplicará este ano e outro para 2011-2013.

A secretaría xeral de Modernización prevé vestir estas iniciativas cunha nova imaxe, diferente da actual de Macomun.org.

Colaboración coas universidades

O departamento que dirixe Mar Pereira tamén prometeu seguir colaborando coas universidades. Entre as novidades, "axuda na elaboración de proxectos fin de carreira libres" na Universidade da Coruña, formación para os ensinantes da USC e un "ciclo documental de difusión sobre FLOSS" na Universidade de Vigo.

As promesas presentadas o 12 de xaneiro buscan, entre outros obxectivos, calmar os ánimos no sector. Ademais da incerteza desatada pola privatización de Mancomun.org, os colectivos de voluntarios que colaboran na programación e tradución de ferramentas abertas xa denunciaron o "parón brutal" que a promoción do software libre sufriu dende a chegada dos conservadores ao poder.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río