PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Campaña a través da internet
A Mesa pide o cese dos conselleiros de Educación e Cultura

Europa Press O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, presentou a campaña que porá en marcha nos próximos días para pedirlle ao presidente da Xunta, a través do envío de correos electrónicos, o cesamento dos conselleiros de Cultura e Educación, Roberto Varela e Xesús Vázquez, e reclamar ‘un cambio a fondo’ na política a seguir nestes departamentos.

Reloxo 30.01.2010 | 20:57
TAGS: Callón , Mesa ,

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Jessica Barcala/AGN

Callón resaltou que o Goberno galego "está queimado, rexeitado e desacreditado" xa que, ao seu xuízo, segue "políticas de desmantelamento en contra dos principais axentes do sector cultural, educativo e da política lingüística". Ademais, A Mesa reclamou "unha rectificación urxente" nas políticas culturais e educativas, que ao seu parecer, "son nefastas".

A Mesa botará a andar, o próximo luns na súa páxina web, unha sección para que os cidadáns poidan mandarlle os seus correos electrónicos á plataforma, tal e como indicou este sábado en rolda de prensa.

Xunto a isto, o presidente da Mesa sinalou como "unha vergoña" contar cun responsábel de cultura que "descoñece e se avergonza da cultura que ten que xestionar e ascender". Nesta liña, Callón subliñou que a sociedade galega "non merece un goberno que insulta", en referencia ás declaracións de Varela que definía á cultura galega como "ensimesmada e acomplexada".

"O presidente da Xunta dixo esta semana que os escritores galegos que critican a política cultural non representan a ninguén, entón quen representa á política cultural do país?", lamentou Callón.

Neste sentido, mostrouse en contra de que o Goberno de Núñez Feixóo siga adiante "cun decretazo de forma inflexíbel" que, segundo remarcou, "conta co apoio unánime da comunidade educativa, agás un par de entidades vinculadas directamente ao Partido Popular".

Así, cualificou como "un diálogo de teatriño" que a consellaría de Educación siga adiante co decreto "sen escoitar a sociedade". "En ningún país democrático do mundo habendo un rexeitamento tan grande cara unha medida se segue adiante, mesmo José María Aznar no seu día chegou a escoitar a sociedade".

Chamamento a votantes do PP

Por outra parte, a Mesa fixo un chamamento aos votantes do PPdeG "para que reflexionen se votaron ao Partido Popular para que insulte, crispe, enfronte e ataque a cultura galega".

Neste sentido sinalou que os votantes do Partido Popular son "os primeiros destinatarios" das campañas da Mesa, xa que segundo expresou, "eles son os primeiros que teñen que revolverse contra as políticas da Xunta".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río