PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
Destaca o potencial do galego nos países lusófonos
Feixóo: 'Entendo mellor o portugués que o inglés'

Europa Press O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, asegurou marchar ‘satisfeito’ da súa segunda visita oficial a Portugal ao constatar que ‘propostas que se están a conversar’ en Galiza ao respecto da lingua ‘teñan acreditación’ na República portuguesa.

Reloxo 30.01.2010 | 11:41

O presidente da Xunta co primeiro ministro da República Portuguesa, José Sócrates O presidente da Xunta co primeiro ministro da República Portuguesa, José Sócrates. Ana Varela

Durante a súa comparecencia en rolda de prensa tras departir no pazo de Sao Bento co primeiro ministro luso, José Sócrates, Feixóo destacou a "formulación vangardista" da decisión adoptada polo mandatario portugués no 2005 de incluír o inglés dende o primeiro ciclo e, posteriormente, o castelán como terceira lingua.

"É unha decisión acertadísima", proclamou o mandatario autonómico, quen vinculou esta situación coa que na actualidade se somete a debate en Galiza ao respecto do coñecido como decreto do plurilingüismo.

Non foi a única referencia á lingua propia durante a viaxe do máximo mandatario autonómico que comezou este xoves no Centro Galego de Lisboa, xa que durante o xantar do venres con empresarios lusos e españois, o uso da lingua galega xurdiu no debate tras a comida.

En resposta a preguntas dos asistentes, o mandatario autonómico destacou as posibilidades que alberga o coñecemento da lingua propia para relacionarse con Portugal e o resto de países lusófonos, entre os que mencionou o Brasil como unha das potencias económicas emerxentes.

Nese contexto, Núñez Feixóo puxo de manifesto que, despois do inglés, a segunda lingua estranxeira que debería estudarse en Galiza tiña que ser "probabelmente" a portuguesa e destacou que o "patrimonio" común entre o galego e o idioma luso "hai que poñelo en valor".

‘Entendo mellor o portugués que o inglés’

"Eu entendo mellor o portugués que o inglés ou o francés porque son galego", reivindicou durante a comida con empresarios, e reafirmou que o obxectivo é camiñar cara un terzo en galego, castelán e inglés.

Ao respecto, mantivo que, en Galiza, "se fala galego e castelán", pero avisou de que "o único que non se fala é inglés". Con todo, certificou que o seu Executivo buscará "o equilibrio" entre as dúas linguas cooficiais da comunidade.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río