PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
Para desmarcarse da estratexia PP-PSOE no ámbito estatal
O BNG esíxelle a Feixóo que recorra 'xa' o FROB

Europa Press O portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, censura que o Goberno central estea 'decidido a deixar Galiza sen poder financeiro' e insta ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, a recorrer 'xa' o Fondo de Reestruturación e Ordenación Bancaria (FROB) para demostrar que non forma parte 'dun teatro' dentro da 'estratexia' do PP e PSOE en Madrid 'para repartirse as caixas'.

Reloxo 29.01.2010 | 17:55
TAGS: Aymerich , BNG , FROB , caixas , lei ,

Carlos Aymerich, portavoz parlamentario do BNG Carlos Aymerich, portavoz parlamentario do BNG. Pepe Ferrín/AGN

En declaracións a Europa Press, Aymerich subliñou que acudir ao Consello de Estado, para determinar se a Lei de Caixas galega se axusta á Constitución e á Lei de Órganos Reitores de Caixas de Aforros (LORCA), supón "un primeiro paso" para presentar un recurso "político e inxustificado".

Ademais, o portavoz parlamentario asegurou que "non é casualidade" que este paso se dea un día despois de que Caja Madrid designara "por unanimidade" a Rodrigo Rato, ex ministro de Economía e vicepresidente do Goberno de José María Aznar, como presidente e insistiu en que supón "unha proba máis" da existencia "dun pacto" entre PP e PSOE en Madrid, co interese común de "repartirse" Caixa Galicia e Caixanova.

Nesta conxuntura, aconsellou a Núñez Feixóo que "pase das declaracións aos feitos" e interpoña "de inmediato" un recurso de inconstitucionalidade polo FROB. "Se non o fai, verase que é cómplice necesario e que comparte a estratexia de PP e PSOE no ámbito estatal", remachou.

Sobre a manifestación contra da fusión convocada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, o portavoz nacionalista apuntou que "se quedaba algunha dúbida" despois de que o gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, admitira que un SIP é "dificilmente reversíbel", hoxe confírmase que o "único" que se vai pedir nesa protesta é que "interveña Madrid e leve as caixas".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río