PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Participan Xurxo Souto, Xico de Cariño e Treixadura
Homenaxe ao Xestal en Carballo

Redacción .  Máis de quince anos despois da morte do músico, improvisador e contador de contos Carlos Díaz 'O Xestal', O Pazo da Cultura de Carballo acolle mañá o festival de homenaxe á súa figura. No acto participarán, entre outros, Cándido Pazó, Xurxo Souto, Toniño e Xan López do grupo Treixadura, o Colectivo O Xestal, Xico de Carinho e o Coro Aires de Bergantiños, do que 'O Xestal' foi fundador.

Reloxo 29.01.2010 | 13:22
  • 'O cabalo' un conto do Xestal

O músico e contador de contos Carlos 'O Xestal' O músico e contador de contos Carlos 'O Xestal'

Carballo celebra mañá no Pazo da Cultura un festival de homenaxe ao músico e improvisador Carlos O Xestal, autor de discos como O Xestal cos seus gaiteiros, Grupo folclórico O Xestal, O San Fins do Castro, Unha vella ruxumeira ou As tres nenas. O acto, que comezará a partir  das 21h00, contará coa participación de Cándido Pazó, Xurxo Souto, os membros de Treixadura Toniño e Xan López e Xico de Cariño, entre outros. Tamén actuará o Coro Aires de Bergantiños fundado polo propio Xestal en 1985 e no que el mesmo tocaba o bombo e o baixo, asumindo ás veces as tarefas de dirección.

Carlos Díaz O Xestal naceu o 8 de agosto de 1933 no barrio de Monte Alto. Comezou como contista na romaría de Santa Margarita, participou no programa de Radio Nacional Desfile de Estrellas e recibiu en 1964 a Medalla ao Mérito Turístico do Ministerio de Información e Turismo. Musicalmente comezou no coro Brétemas e raiolas como barítono e participou en agrupacións folclóricas como Os do Couto, Cantigas da Terra, Follas Novas, Aturuxo e Toxos e Froles. Tamén estivo no Ballet Rei de Viana e fundou o Coro da Casa de Galicia en Harnen (Holanda).

A finais dos sesenta instalouse na parroquia carballesa de Lema onde desenvolveu a súa faceta de improvisador e onde participou activamente nas mobilizacións labregas e veciñais. Até a súa morte en 1993, tivo moita influencia en grupos como Treixadura, que lle dedicou varias pezas, entre elas Lembranza do Xestal.

Todas as gravacións do Xestal pódense consultar aquí.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río