PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
'Desván de los Monjes'
 29.01.2010 | 12:21

Estabamos tristemente acostumados a escachar de risa cada vez que aquel conselleiro de (suposta) Cultura do fraguismo, Xesús Pérez Varela, facía das súas e se refería a “Carmiña Burana” como unha fantástica cantante galega ou cando afirmaba que na programación do Xacobeo se incluían fantásticas actuacións como a de Ainhoa e máis a de Arteta, xunto con Berrugueto, Masive Atrak ou Cheminal Broters. Parecía imposíbel superalo, pero para sorpresas, contacten vostedes co goberno de Feixóo.

Se non fose pola cantidade de testemuñas presentes, diría que foi froito do meu malévolo maxín, pero resúltame difícil explicar a cara que puxen cando lle escoitei a semana pasada en FITUR ao actual conselleiro de Cultura, Roberto Varela, afirmar ante centos de persoas, profesionais do turismo a meirande parte, que o Camiño de Santiago pasa por localidades tan fermosas como “Toro”, enténdase Touro, ou “Desván de los Monjes”, que logo duns minutos de conmoción neuronal cheguei a asimilar que se trataba de Sobrado dos Monxes.   

Mais aló do imperdoábel erro, por moito que lle intenten botar a culpa ao tradutor, o alarmante é o que denota, que non é outra cousa que o nulo coñecemento da realidade galega e o nulo respecto á nosa lingua que ten o conselleiro. Cando sae á luz a verdadeira alma deste goberno do PP é moito máis doado de comprender o porqué de aberracións como o decreto do galego.

Por iso, o problema non é que queiran introducir o inglés no ensino a costa do galego, que queiran facer un novo decreto ou incluso que algúns crean parvadas como que o castelán está en perigo en Galicia. O verdadeiro problema é que padecen galegofobia, que non cren na normalización do idioma e que o que lles gustaría de verdade é desterralo das aulas.

Ao tempo que o conselleiro patinaba en FITUR milleiros de persoas manifestábanse en Compostela a prol do galego. Non o sabían aínda, pero  Varela estáballes a dar a mellor mostra de que a loita na rúa para protexer o noso idioma non só está xustificada, senón que é máis necesaria que nunca. Eles non, pero nós, a inmensa maioría do país, si que queremos galego!

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río