Redacción . O datos do IGE demostran que as políticas dos sucesivos galegos non lograron paliar o déficit de conexión no rural.
A mesma semana que se desatou a polémica sobre a privatización de Mancomun.org, a iniciativa pública a prol dos programas abertos, a Xunta anunciou que traballa nun plan de acción para fomentar o uso do software libre. O Goberno galego insiste en que o considera de importancia para "reducir a fenda dixital" e para lograr un uso "máis eficiente" dos recursos públicos. Así o avanzou o mércores a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que dirixe Mar Pereira. Fíxoo no mesmo día no que o Instituto Galego de Estatística (IGE) difundiu os datos de uso da internet do 2008, que mostran que o 33 por cento dos fogares galegos contaba con conexión. O IGE proba que persisten diferenzas entre as zonas rurais e urbanas, posto que, mentres na área da Coruña, o índice de conexión alcanza o 45,9 por cento, na zona sur de Ourense apenas supera o 14 por cento. As directrices do plan de acción que prepara o Goberno xa foron expostas ás asociacións do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e a Xunta xustificou esta iniciativa na súa decisión de facer unha aposta "firme" por aumentar a eficacia na difusión do software libre. As medidas postas en marcha até o momento con este obxectivo foron, a xuízo do Executivo galego, "illadas e carentes de coordinación e unhas liñas estratéxicas" que garantisen a súa penetración social. Por iso, o proxecto que agora ultima buscará "superar esas carencias".
Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización Tecnolóxica da Xunta
Descargar Tarifas