Europa Press . O director xeral de Sostenibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, afirmou hoxe que a Xunta analizará 'un a un' os casos dos chiringuitos para decidir se permita a súa implantación. Borobio subliñou que o visto bo darase 'se melloran as dotacións' das zonas de praia da súa competencia, e lembrou que a maior parte destes estabelecementos están na área que xestiona Costas do Estado.
Nunha entrevista na Televisión de Galicia, Borobio explicou que o Goberno estabelece “regulación específica” para praias e sistemas dunares no Plan de Ordenación do Litoral, que reiterou, prevé que estea aprobada en decembro deste ano. Borobio subliñou que os permisos dos chiringuitos estudaranse “caso por caso” porque, argumentou, “hai equipamentos que melloras a dotación da praia, aínda que tamén hai construcións que non poden estar”. O director xeral de Sostenibilidade indicou que o Plan do Litoral estabelece unha protección específica para as illas que xa teñen unha protección medioambiental ou de mellora, o que representa unha prohibición da construción no primeiro caso e o cumprimento de determinados requisitos no segundo. A este respecto Borobi dixo que os crecementos urbanos en zonas insulares serán “sempre xunto aos núcleos xa existentes” mentres que onde non os hai “non vai poder medrar máis”. Manuel Borobio defendeu que a norma evitará o baleiro legal cando deixe de ser de aplicación a denomindad Lei de 500 metros, cuxa prórroga finaliza en maio, data na que está prevista a aprobación do POL (Plan de Ordenación do Litoral).
Edificios no litoral
Illas
Núcleos tradicionais
No que respecta aos núcleos tradicionais, o responsábel de Sostenibilidade e Paisaxe precisou que as excepcións nas zonas de protección produciranse nos núcleos tradicionais, onde “imos poder intervir”, e destacou que a normativa recolle a “rexeneración de todas estas construcións” baixo o argumento do “interese social”, e adiantou que nestes casos o crecemento será “sempre ordenado e motivado”.
Las excepciones en las zonas de protección se producirán en los núcleos tradicionales. "Ahí sí que vamos a poder intervenir", dijo y señaló que el plan propone acogerse a una "excepcionalidad" que la Ley de Costas "no deja", que es la "regeneración de todas esas construcciones" con el argumento del "interés social". En estos casos el crecimiento será, no obstante, "siempre ordenado y motivado".
Descargar Tarifas