PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
RENOVARASE CONTINUAMENTE POLA REDE
Primeiro documental 2.0 e sen fin sobre o galego

M. V A Navalla Suíza lanzou hoxe 'Eu Falo', o primeiro documental colaborativo sobre a lingua galega. Trátase dunha peza que, ademais, non terá fin.

Reloxo 26.01.2010 | 18:29

María Yañez presenta o documental 'Eu Falo' nas pasadas xornadas sobre a lingua organizadas polo IGEA. IGEA Esquerda   1 / 2  Dereita  

Aplicando a filosofía da web 2.0, os internatuas poderán remitir libremente pezas para a obra. Farano a través da web eufalo.tv, onde xa se poden visualizar algúns diálogos.

Algunhas das conversas xa publicadas proveñen de “Linguas cruzadas”, documental sobre o idioma entre os mozos que dirixiron María Yañez e Mónica Ares para a TVG no 2007. O obxectivo do novo filme é afondar nas oportunidades e problemas para expresarse en galego, non dende un punto de vista político ou académico senón dende a perspectiva persoal da xente común.

Un documental sen fin

“E un documental vivo que vai crecendo, o día que remate morre”, explica Yañez. E é que o filme incorporará continuamente os vídeos que suban os internautas, despois de seren supervisados pola Navalla Suíza.

A obra foi publicada o martes por parte d'A Navalla Suíza, responsábel doutros destacados proxectos audiovisuais como Flocos.tv, que publicaba gran parte da filmografía do país por encargo da Academia Galega do Audiovisual, e Quin.tv, o videoblog do ex-líder do BNG, Anxo Quintana.

Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes e Mónica Ares colaboran no proxecto, que conta cunha axuda do AGADIC de 15.000 euros.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río