PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
En '55 mentiras sobre a lingua galega'
ProLingua desmonta os 'prexuízos' sobre o galego

Europa Press A plataforma en defensa do idioma ProLingua, na que se integran protagonistas do ámbito político, cultura e social galego, impulsa a obra '55 mentiras sobre a lingua galega', a súa primeira publicación editorial na que se analiza 'os prexuízos máis comúns' que rodean a lingua propia de Galiza.

Reloxo 26.01.2010 | 17:40

Presentación de Prolingua na Faculdade de Filoloxía Presentación de Prolingua na Faculdade de Filoloxía. Roxelio X. García Romero

Segundo explica a plataforma na súa páxina web, a obra está coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas e ten o obxectivo de "axudar a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista", que teñen o obxectivo "de actuar de freo" á normalización do galego.

A obra analiza os "devanditos prexuízos" e avanza "até desmontar por completo, unha a unha, as principais falacias" vertidas sobre o idioma ao longo da historia. ProLingua avanza que o libro se presentará simultaneamente "en máis de medio cento de localidades" do Estado e do estranxeiro o próximo 5 de febreiro.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río