PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Din que a 'demora' pode poñer en liberdade o autor confeso
'Colega' pide celeridade no caso do dobre crime da rúa do Porto

Europa Press O Colectivo de Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais de Galicia, Colega, manifestou hoxe a súa preocupación pola 'lentitude' do Tribunal Supremo (TS) no caso do dobre crime da rúa do Porto, en Vigo. A organización afirma que a demora pode 'poñer en liberdade o autor confeso' dos feitos.

Reloxo 26.01.2010 | 15:55

Tribunal Superior de Xustiza de Madrid Tribunal Superior de Xustiza de Madrid

Segundo Colega, o recurso que a avogada do asasino confeso presentou ante o Alto Tribunal pode servir para “aproveitarse da lentitude da sala e evitar a revisión do seu xuízo”, ordenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que meses atrás anulou o veredicto do xurado que absolvía o autor confeso do crime das dúas mortes e o condenaba por incendio.

Rafael Moral, presidente de Colega, considera “inadmisíbel” que unha xurista “utilice estas técnicas para conseguir poñer en liberdade a un criminal confeso” e explicou que o colectivo que preside xa lle remitiu un escrito ao Alto Tribunal pedindo maior “prioridade” á hora de resolver o recurso.

Moral tamén anunciou que Colega lle solicitou ao ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, “a súa máxima implicación para dotar de cantos medios sexa necesario ao Supremo e conseguir que o criminal confeso non poida burlar a Xustiza que demanda a sociedade e as familias dos afectados”, e adiantou que pediu reunións co TSXG, o Valedor do Pobo e o fiscal superior de Galiza.

A asociación Colega pediralle ás forzas políticas con representación no Concello de Vigo o seu “posicionamento e implicación” ao respecto e non descarta facerlle a mesma solicitude ao Parlamento galego.   

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río