PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Operación da Ertzaintza contra a ETA
Cinco detidos nunha operación antiterrorista en Euskadi

Redacción .  Cinco persoas foron detidas esta madrugada pola Ertzaintza nas localidades de Ondarroa (Biscaia), Deba e Mutriku (Guipúzcoa) pola súa presunta pertenza a un comando 'legal' da ETA que, entre outras accións, perpetraría o atentado contra unha comisaría da Policía Autonómica vasca en Ondarroa en setembro de 2008.

Reloxo 26.01.2010 | 08:47
TAGS: eta , terrorismo , euskadi ,

Un membro da Ertzaintza Un membro da Ertzaintza. Vincent West/Reuters

"Segundo as investigacións que deron orixe a esta operación, os detidos formarían parte dun grupo 'legal' da organización terrorista que, entre outras accións, podería tomar parte no ataque que sufriu a comisaría da Ertzaintza en Ondarroa o 21 de setembro de 2008" –no que resultaron feridas once persoas, precisou o Departamento Vasco de Interior nun comunicado.

No marco dunha operación antiterrorista coordinada polo Xulgado Central de Instrución número 6 da Audiencia Nacional, que dirixe o maxistrado Eloy Velasco, os axentes da Policía Autonómica vasca están practicando a esta hora diversos rexistros en domicilios e inmobles da zona, limítrofe entre Biscaia e Guipúzcoa.

Un coche bomba cargado con 100 quilos de explosivos estalou na madrugada daquel día fronte ao edificio da Policía autonómica causando feridas a un total de once persoas. A operación continúa aberta, polo que non se descartan novas detencións nas próximas horas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río