PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Mentres non se aprobe o Plano do Litoral
Adega pide prorrogar a moratoria dos 500 metros

Redacción .  Malia que a Xunta presentou onte o Plano de Ordenación do Litoral, o propio Alberte Núñez Feixóo admitiu que o documento non estará aprobado até finais do 2010. Tendo en conta que a moratoria dos 500 metros –que rebaixou a presión urbanística na costa– vence en maio, a asociación ecoloxista Adega reclama unha prórroga.

Reloxo 26.01.2010 | 08:29

Presentación do Plan de Ordenación do Litoral Presentación do Plan de Ordenación do Litoral. AGN

“Feixóo debería prorrogar a moratoria dos 500 metros estabelecida na Lei de Medidas Urxentes –impulsada pola Consellaría de Vivenda do bipartito– que vence en maio”, afirma Adega nun comunicado. E é que o colectivo asegura que non se cumpren as premisas que xustifican esta medida cautelar: “que os concellos costeiros teñan os seus PXOMs adaptados á Lei do Solo de 2002 –só Vigo, A Pobra do Caramiñal e Laxe fixeron os deberes– ou que a Xunta aprobe o Plano do Litoral”.

Adega sinala que calquera outra decisión, como "levantamentos parciais" en determinados concellos sen ter aprobada a norma “non sería máis que a continuación do ti vai facendo" e reinstauraría a “discrecionalidade, o amiguismo e a corrupción”, xa denunciados polo Parlamento Europeo no seu Informe Auken.

Directrices de Ordenación, paralizadas

Segundo a asociación, o Goberno de Feixóo debería de completar e tramitar as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), que desde a chegada do PP á Xunta fican bloqueadas.

Pola outra banda, Adega ve fundamental coñecer en que medida Plan de Ordenación do Litoral vai condicionar o desenvolvemento de proxectos sectoriais en marcha, caso do Plano Acuícola –que ocupará espazos que están sendo "ordenados" no POL, e que pode condicionar negativamente o desenvolvemento deste. O mesmo acontece co Plano de Portos Deportivos, co Plano Move de Estradas ou co Plano Eólico.

Planos sectoriais

Neste sentido, os ecoloxistas entenden que estes planos sectoriais deben supeditarse ao Plan de Ordenación do Litoral e non ao contrario. “Mais de seguir o seu camiño, piscifatorías, pantaláns, viadutos como o de Noia e muíños acabarán baleirando de contido os pomposos obxectivos do Plano do Litoral presentados por Feixóo”.

Para Adega, este Plan de Ordenación do Litoral debería tamén ter en conta que os 500 metros non son un límite superior senón “un punto de partida”. Así aconteceu en Portugal e mesmo en Asturias, que consagrou esta franxa de protección no seu plano. Un levantamento total ou parcial da lei dos 500 metros mentres se tramita o Plano do Litoral “sería inxusto (para os concellos que cumpriron), xeraría inseguridade xurídica e perpetuaría o clientelismo, a política de feitos consumados e a corrupción endémica denunciada dende Europa.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río