PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
A XUNTA DI QUE CO BIPARTITO NON HABÍA COORDINACIÓN
'Mancomun.org é simplemente un portal da internet'

Manuel Vilas Non se pode privatizar o que non existe. Este é un dos argumentos da Xunta para responder á noticia publicada onte por ANT sobre a privatización da oficina pública de software libre.

Reloxo 26.01.2010 | 08:08

Traballadores de Mancomun, representantes dos grupos de voluntarios a prol do software libre en Galiza canda a ex-directora xeral da Sociedade da Información, Helena Veiguela, nunha xuntanza en 2009 Traballadores de Mancomun, representantes dos grupos de voluntarios a prol do software libre en Galiza canda a ex-directora xeral da Sociedade da Información, Helena Veiguela, nunha xuntanza en 2009. caloto.net

A información detallaba un concurso polo que unha empresa privada creará unha oficina para realizar o labor que co bipartito facían técnicos contratados mediante concurso público no CESGA, ente tamén público. Uns especialistas que, na súa maioría, xa foron despedidos.

“Mancomún.org é simplemente un portal na internet, xa que –na pasada lexislatura– nunca chegou a crearse un centro de iniciativas de Software Libre”, indican portavoces do Goberno conservador a este diario.

Sen guía co bipartito

O Executivo asegura que co bipartito as iniciativas a prol do software libre estaban “illadas e sen a guía dunhas liñas estratéxicas”. Porén, o PEGSI, o plan director de novas tecnoloxías co anterior Goberno, marcaba unha serie de prioridades para o software libre en Galiza. Ademais, Mancomun.org dispuña dun coordinador, Suso Baleato, responsábel de organizar o traballo.

Fronte a presunta descoordinación co bipartito, a Xunta do PP argumenta que centralizou na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial todo o referido ao software libre.

Dúas persoas na Fundación, o resto na Oficina privatizada

Con todo, na propia resposta remitida a ANT a Xunta indica que en toda a Fundación só hai dúas persoas adicadas de xeito prioritario ao software libre. Segundo a versión do Executivo, estes dous especialistas encargaranse de coordinar a colaboración con universidades, grupos de voluntarios e administración.

A Oficina Técnica que levará unha empresa terá, segundo a Xunta, unicamente a funcións de apoio á Fundación. Polo apoio a empresa cobrará até un máximo de 171.000 euros este ano.

En todo caso, voceiros do Executivo destacan que o software libre é clave para “evitar a fenda dixital e facer un uso máis eficiente dos recursos públicos”. Por iso insisten en que o PP cumplirá a súa promesa electoral de impulsar os programas abertos.

XUNTA NEGA A PRIVATIZACIÓN

 

'Mancomun.org é simplemente un portal de internet'

 

Non se pode privatizar o que non existe. Este é un dos argumentos da Xunta de Galicia para responder á noticia publicada onte por ANT sobre a privatización da oficina pública de software libre.

 

A información detallaba un concurso polo que unha empresa privada montará, a cambio de 171.000 euros, unha oficina para realizar a labor que co bipartito facían técnicos contratados mediante concurso no CESGA. Uns especialistas que, en gran parte, xa foron despedidos.

 

Mancomún.org é simplemente un portal en Internet, xa que -na pasada lexislatura- nunca chegou a crearse un centro de iniciativas de Software Libre”, indican voceiros d o Goberno conservador a este diario.

 

Sen guía co bipartito

 

O Executivo asegura que co bipartito as iniciativas a prol do software libre estaban “ illadas e sen a guía dunhas liñas estratéxicas”. Porén, o PEGSI, o plan director de novas tecnoloxías co anterior Goberno, marcaba unha serie de prioridades para o software libre en Galicia e Mancomun.org dispuña dun coordinador que organizaba o traballo.

 

Fronte a presunta descoordinación co bipartito, a Xunta do PP argumenta que centralizou na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial todo o referido ao software libre.

 

Dúas persoas na Fundación, o resto na Oficina privatizada

 

Con todo, na propia resposta remitida a ANT a Xunta indica que en toda a Fundación só hai dúas persoas adicadas de xeito prioritario ao software libre. Segundo a versión do Executivo, estes dous especialistas encargaranse de coordinar a colaboración con universidades, grupos de voluntarios e administración.

 

A Oficina Técnica que levará unha empresa encargarase, segundo a Xunta, unicamente a funcións de apoio á Fundación, polo que cobrará até un máximo de 171.000 euros.

 

En todo caso, voceiros do Executivo destacan que o software libre é clave para “evitar a fenda dixital e facer un uso máis eficiente dos recursos públicos”. Por iso insisten en que o PP cumplirá a súa promesa electoral de impulsar os programas abertos.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río