Europa Press . O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, considera que as liñas do Plan do Litoral 'alentan a destrución' da costa galega.
En declaracións a Europa Press, Carlos Aymerich apuntou que, con este plan, o PP practica unha política de "feitos consumados" coa intención, ao seu xuízo, de "defender os intereses dos seus amigos", o que aboca a Galiza a un regreso da "desorde urbanística que sempre caracterizou o PP", agregou. Do mesmo xeito, censurou a determinación de non prorrogar a Lei dos 500 metros que suporá, ao seu xuízo, "permitirlle aos grandes construtores seguir co seu labor de destrución dos valores paisaxísticos e ambientais". Aymerich criticou que "non se saiba nada" das directrices do territorio, algo que en palabras do nacionalista significa que este goberno empezou "a casa polo tellado". Dende o seu punto de vista, a Xunta debía comezar por estas directrices, despois seguir polas normas de protección do litoral e finalizar polo plan acuícola.
Carlos Aymerich, portavoz parlamentario do BNG.
Descargar Tarifas