PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Presenta o 'Proxecto 360º'
A SGAE alíase con iTunes, Amazon e Spotify

Redacción .  A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) presentou hoxe o proxecto SGAE 360º, unha iniciativa coa que pretende ofrecer todos os servizos que demandan os axentes do sector cultural da música, teatro e cine.

Reloxo 25.01.2010 | 12:43
TAGS: SGAE , proxecto 360º , ,

Clase da Universidade de Vigo nun iPod de Apple Clase da Universidade de Vigo nun iPod de Apple. Uvigo

A partir de agora os autores terán novos servizos para desenvolver o seu traballo ao completo, como a posibilidade de facer un disco a través do Centro de Alta Tecnoloxía (CATA) de gravación musical e audiovisual en Madrid.

Ademais poderán comercializalo no mercado e distribuílo grazas aos acordos da entidade con máis de 200 tendas dixitais como Itunes, Amazon, Spotify ou Emusic. Tamén poderán promocionalo mediante diversas ferramentas de difusión como premios, concursos e certames e a través do entorno on line, xa que disporán de televisión na internet, radio dixital, e-magazine e unha rede social.

SGAE 360º ofrece a posibilidade de mostrar os traballos ao público nos espazos escénicos multifuncionais de ARTERIA situados en Madrid, Barcelona, Santiago de Compostela, Bilbao, México e Buenos Aires.




Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río