PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
BLOG JAVI VAZQUEZ
Javi
Vázquez
Emprendedor en TIC
As pancas do poder e os seus puntos de apoio
O sistema está roto
A última iniciativa capitaneada por Lawrence Lessig, catedrático de dereito na Universidade de Stanford e estudioso dos dereitos de autos, denuncia a imposibilidade do cambio proposto e promovido polo actual presidente norteamericano, Obama. O motivo non é a falta de compromiso da máxima autoridade do País, senón as regras de xogo do Congreso yankie, no cal os congresistas adican os seus esforzos a recaudar fondos para financiar a campaña electoral. Así, as súas accións de goberno estás condicionadas polos interesentes dos grandes doantes. En España, o problema é diferente, pero as consecuencias son similares: os partidos políticos relacionanse de forma directa so con grupos de presión. Os teóricos representantes dos cidadáns son opacos aos seus intereses e xordos a súa voz, porque nin sequera poden ter opinión propia, senón que todo queda condicionado á disciplina de voto imposta polo Partido. A relación non é persoa a persoa (permitédeme a licencia de abrevialo coma P2P), senón ente a ente, e os puntos de apoio do poder veñen dados polas multinacionais e os lobbies con visibilidade nos medios.
 23.01.2010 | 11:59

Lawrence Lessig afirma: “We won’t get our democracy back until they stop selling it”, ou "Non conseguiremos recuperar a nosa democracia ata que eles (os congresistas) deixen de vendela". O sistema está roto polo modelo de financiación privada das campañas dos congresistas.

Inda que Obama conseguiu rodear e vencer ao sistema coa súa aproximación "modelo Google", ou da larga cola (poucos cartos de moitas persoas individuais), para superar primeiro a Hillary Clinton e despois ao candidato republicano e os seus grandes doantes; o resto de congresistas seguen condicionados polo mesmo sistema. Obama venceu, pero non mudou o sistema, e está so na súa teima de devolverlle os Estados Unidos aos estadounidenses.

Lessig louba a Obama, e inicia unha campaña polo cambio do sistema de financiación electoral. A solución según Lessig son eleccións financiadas pola cidadanía ((citizen funded elections): http://action.change-congress.org

Porén, o sistema electoral español asigna cartos públicos aos partidos e espazo nas televisións e medios de comunicación de masas, o problema é outro. Máis aló das corruptelas dos partidos para financiar as campañas (Filesa, Gurtel e outros), o problema español radica nos propios partidos políticos: organismos non transparentes nin permeables a cidadanía, onde a escolla dos membros das listas baséanse en criterios de equilibrios internos e non de méritos.

Como o partido non pode relacionarse cos cidadáns, polo "absurdo" e "ineficiente" que resultaría, a panca do poder apoiase en obter visibilidade nos medios e/ou cartos para financiar a campaña máis aló do público e legal. E co punto de apoio, como dixo Arquímedes, moven o mundo. 

Neste contexto, non resulta sorprendente que a Ministra de Cultura sexa un membro máis da industria que insiste na criminalización da cidadanía ao completo para manter o seu status-quo. Tampouco pode estranarnos a creación dun poder judicial paralelo, conformado por unha soa das partes en litixio, a pesar de poñer en dúbida os dereitos fundamentais para favorecer a unha minoría opulenta e con línea directa co poder.

O sistema español, igual có yankie, está roto. Non é necesario, porén, cambiar o sistema en si, senón os partidos. Os propios afiliados do Partido teñen que empezar a escoitar os cidadáns e a relacionarse con eles de forma directa e transparente. E, dende dentro, rachar a dinámica de pleitesía aos lobbies de poder e actuais puntos de apoio.

A disrupción do sistema debe promoverse dende dentro, en pro da evolución cara unha sociedade das persoas, unha sociedade P2P que mude o goberno reseller por un goberno da cidadanía. A verdadeira democracia non so é posible, tamén é necesaria.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río