PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
NAVEGADOR LIBRE EN GALEGO
O novo Firefox é un 20% por cento máis veloz

Redacción .  En galego, seguro, compatíbel e agora máis rápido. A nova versión de Firefox aumentará os usuarios deste programa libre en todo o mundo, onde xa está a piques de superar as diferentes versións do Microsoft Internet Explorer como o máis popular.

Reloxo 22.01.2010 | 17:03

Firefox en galego Firefox en galego

A Fundación Mozilla lanzou a versión 3.6 do seu navegador de código aberto. O novo Firefox incorpora unha ferramenta para facer o navegador máis persoal e promete mellorar a velocidade de carga das páxinas até nun 20%.

Os seus creadores din que esta versión fai que os erros de navegación por incompatibilidade con aplicacións doutros sites sexan menores e, xa que logo, resulta máis estábel. Ademais ofrece a posibilidade de ver os vídeos en formato de pantalla completa.

Firefox 3.6 autocompleta formularios, mellora a xestión para engadir favoritos, presenta unha nova versión de JavaScript con mellor rendemento. É dicir, é máis rápido á hora arrancar o programa.

Máis rápido, máis estábel e máis persoal. Mentres a versión 3.6 intenta facer crecer a cota de usuario aínda máis, o equipo de desenvolvemento xa traballa en Firefox 4.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río