PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
A MESA PIDE A DEMISIÓN DO CONSELLEIRO
Campaña de alegacións masivas contra o decreto da lingua

Manuel Vilas 'O PP criminaliza as ideas, o mero feito de discrepar coa súa liña galegófoba'. Así respondeu hoxe a Mesa pola Normalización ás acusacións dos conservadores tras a gran manifestación de onte.

Reloxo 22.01.2010 | 11:24

Manifestación de 'Queremos Galego' contra o 'Decreto do Plurilingüismo' en Compostela Manifestación de 'Queremos Galego' contra o 'Decreto do Plurilingüismo' en Compostela. Xan Carballa Esquerda   1 / 2  Dereita  

O PP dixo nun comunicado que a metade dos que encheron o Obradoiro acudiran forzados e engañados. Tamén enviou aos medios a foto de dous encapuchados queimando unha bandeira española.

“Actitude carroñeira”

Carlos Callón, presidente da Mesa, rexeitou esta acción e desvinculouna da organización, na que participaron 30.000 persoas segundo a Policía Local.

O presidente da Mesa argumenta que o PP teima vincular a defensa do galego coa violencia extremista, algo propio dunha actitude carroñeira” e “dun partido que se nega a dialogar e quen ten como única vía o insulto”.

Nunha rolda de prensa esta mañá en Santiago, Callón reclamou a dimisión do Conselleiro de Educación. Xesús Vázquez declarou hoxe que o Goberno sacará adiante o seu polémico “Decreto do Plurilingüismo” porque ten unha “unha maioría aplastante”.

A Mesa respondeu que o seguimento da folga no ensino foi “masivo”, mentres a Xunta insiste en cifralo por debaixo do 50 por cento.

Modelo de alegacións en internet

“O de onte foi un punto de partida”, advertiu Callón. Entre as novas accións que xa prepara Queremos Galego e a Mesa está o envío masivo de alegacións á Xunta.

Nela solicítase a retirada do borrador pois “non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego” e “suporá enfrontamentos nos centros”, entre outros motivos. O documento pódese descargar na web de Queremos Galego.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río