PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Acordo dos sindicatos por 'unanimidade'
Folga nas fábricas de ENCE o 18 e 19 de febreiro

Europa Press Os membros do Comité Intercentros do Grupo Empresarial Ence, representando aos sindicatos UGT, CC OO, CIG, SU e CSI, das fábricas de Pontevedra, Huelva, Navia e as oficinas centrais de Pontevedra e Madrid, acordaron por unanimidade convocar unha folga xeral para os días 18 e 19 de febreiro do 2010 pola 'falla de seguridade nos centros de traballo', entre outros motivos.

Reloxo 21.01.2010 | 19:40
TAGS: ENCE , folga , sindicatos ,

Imaxe da planta de ENCE na ría de Pontevedra Imaxe da planta de ENCE na ría de Pontevedra. Rafa Fariña/AGN

Segundo indica o sindicato UGT nun comunicado, os motivos da folga son, ademais da falla de seguridade nos centros de traballo, cun alto índice de accidentalidade, “os reiterados incumprimentos dos convenios e acordos; e a ausencia dun Plan estratéxico de Xestión Empresarial viábel”.

A unión sindical cita outras cuestións que propician a convocatoria de folga, como "o incumprimento dos acordos despois do Expediente de Regulación de Emprego (ERTE) na fábrica de Huelva e a mala xestión do grupo", citando como exemplo "a falta de previsión na subministración de madeira".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río