Redacción . Ao inicio da manifestación o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, advertiu ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, de que “canto máis tarde en retirar o decreto, máis contestación recibirá” por parte da sociedade galega que lle “demanda” que dea marcha atrás.
En declaracións aos medios antes de comezar a manifestación contra as bases do decreto Vázquez destacou que a de hoxe constitúe unha “mobilización no ensino nunca vista na historia deste país” e asegurou que “volve a poñer de manifesto” que o decreto do PP “ten que ser retirado xa”. Quintana O agora parlamentario e ex líder dos nacionalistas, Anxo Quintana, tamén participou na mobilización convocada pola plataforma Queremos Galego. O agora parlamentario nacionalista destacou a “resposta masiva” contra o decreto e dixo que a marcha de hoxe “demostra que Feixóo e o seu Goberno emprenderon unha guerra contra un sentimento, o da inmensa maioría dos galegos”. “A sociedade galega maioritariamente, vote PP, PSOE ou BNG, está en contra de que o Goberno impoña a destrución do galego”, avisou Quintana, que agarda que Feixóo rectifique a súa política lingüística.
Manifestación de Queremos Galego contra o Decreto do Plurilingüismo da Xunta do PP.
“Dixémoslle a Feixóo que canto máis tarde en retirar a política lingüística, máis contestación social terá”, repetiu o líder nacionalista que se preguntou “a que ten que esperar o presidente da Xunta para darse conta de que o seu rexeitamento ao galego é absolutamente rexeitado”.
Guillerme Vázquez invitou a Feixóo a “volver ao consenso, ao Plan de Normalización Lingüística de 2004”.
Descargar Tarifas