PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
REXEITAMENTO UNÁNIME DO BORRADOR
Non se estudará abondo galego, din as universidades

Redacción .  O galego será o idioma menos ensinado no Estado; argumentan as univesidades de Santiago, A Coruña e Vigo para rexeitar a norma deseñada polo PP.

Reloxo 20.01.2010 | 10:32
TAGS: Educación , decreto , usc , udc , uvigo ,

Os reitores das tres universidades galegas Os reitores das tres universidades galegas

O “Decreto do Plurilingüismo” tampouco convence ás universidades galegas. As institucións de Vigo, Santiago e A Coruña publican un comunicado conxunto que alerta que o borrador do PP impedirá que os cativos aprendan suficiente galego.

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística argumenta que o borrador da Xunta establece “unhas porcentaxes de utilización do galego e uns medios para decidir a lingua vehicular das diferentes materias nos currículos escolares que supoñen, de se consolidar, a formulación que desde o Estado español menos defende as linguas propias”.

Por que se dialoga con Galicia Bilingüe e non coas universidades?

Diminuír as aulas en galego impediría aos futuros universitarios dominar a terminoloxía suficiente para afrontar estudos universitarios no idioma do país, asegura a Comisión.

Finalmente as universidades reclaman ao Goberno que cambie o borrador de acordo á lei. Ademais, láianse por non teren sido consultadas na rolda de contactos organizada por Educación esta semana, que si incluíu a colectivos contrarios á normalización como Galicia Bilingüe.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río