PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Tenente de alcalde de Vigo
Domínguez: 'O informe do IGEA baséase en suposicións'

Europa Press O tenente de alcalde de Vigo, o nacionalista Santiago Domínguez, asegurou que o informe presentado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), que preside o ex vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, 'se basea en suposicións' e recalcou que non foi 'avalado' nin 'encargado' polo BNG.

Reloxo 18.01.2010 | 14:49

Santiago Domínguez Santiago Domínguez. Paco Vilabarros

En declaracións aos medios, Domínguez mantivo que ese documento, que defende que as caixas galegas opten por un Sistema Institucional de Protección (SIP), obtén as súas conclusións sen saber "en que termos producirase a fusión" e sen analizar as consecuencias que tería este proceso para Caixanova e Caixa Galicia.

Ademais, o dirixente nacionalista sinalou que o ex portavoz do BNG e membro do Consello Nacional do Bloque Xosé Manuel Beiras –quen cuestiona a integración das dúas entidades nunha–, "non fala en nome da dirección do BNG", cuxa opinión non ten "ningún tipo de fisura".

Pola contra, Domínguez afirmou que o SIP "leva á deslocalización e á bancarización" das caixas e mostrouse partidario da fusión porque garantiría que os aforros dos vigueses "queden en Galiza".

Tras reunirse cos secretarios comarcais de UGT e CIG para analizar o futuro mapa financeiro do país, o tenente de alcalde mostrou o seu desexo por que os traballadores manteñan os seus empregos, xa que "non teñen a culpa" de que as dúas entidades galegas "non fixesen os deberes".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río