PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Xavier
Queipo
Escritor
O colonialismo insidioso
 18.01.2010 | 13:23

Non sei se existe unha definición canónica de colonialismo insidioso. Se cadra non lles gusta a verba, “colonialismo”, que reservan, para situacións de conquista a lume e ferro seguidas dunha imposición pola forza de usos e costumes. Se cadra prefiren “asimilación”, “dominación” ou mesmo “adhesión” ou “ invasión”.

Entendo por colonialismo insidioso aquel no que o colonizado (o asimilado, o invadido, o adherido, o dominado) se vai convencendo progresivamente da bondade natural do colonizador, que impón a súa cultura (a súa lingua, as súas leis, a súa relixión, etc) polo ben do malpocado do colonizado, para que este saia do seu atraso secular e se incorpore ao mundo contemporáneo, asumindo os valores éticos e morais do colonizador. É insidioso, pois vai avanzando devagar (no noso caso leva gañando terreo dende que perdemos a independencia como comunidade separada, van alá máis de cinco séculos), non presenta grandes fitos históricos, senón que vai gañando as vontades dos colonizados devagar (ás veces ese ritmo increméntase ou descende, como en todos os procesos crónicos).

Evitar o dano feito é difícil, pois hai algúns “outeiros” perdidos para sempre no avance das tropas inimigas pola complicidade dos traidores, máis imponse a “resistencia activa”, comezando pola lingua, pola negativa a que calquera funcionario (da Sanidade, da Educación ou do Concello) intente que mudemos o noso rexistro lingüístico. Ser conscientes da riqueza do noso xeito de ver o mundo (a nosa lingua, espello do noso xeito de pensar) e actuar en consecuencia, sen submisións.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río