PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
'E o gran regulador é o Banco de España'
Caamaño: 'A competencia das caixas é do Estado'

Europa Press O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, lémbralle ao Goberno galego que a 'competencia exclusiva' en materia de caixas de aforros é do Estado e o 'gran regulador' destas entidades é o Banco de España.

Reloxo 18.01.2010 | 12:10
TAGS: Caamaño , Xustiza , Banco , caixas ,

Francisco Caamaño no 'Fórum Europa. Tribuna Galiza' Francisco Caamaño no 'Fórum Europa. Tribuna Galiza'. Pepe Ferrín/AGN

Nun coloquio aberto tras a súa intervención no 'Forum Europa. Tribuna Galiza', o titular de Xustiza asegurou que "máis aló de leis concretas", como a aprobada polo Parlamento galego a finais de decembro co apoio do PP e do BNG, a Administración central é a encargada de tomar a decisión final sobre as entidades de aforro e crédito.

Francisco Caamaño considerou que a finalidade das caixas debe ser apoiar os cidadáns nas súas necesidades e dotar de liquidez ás empresas. Por iso, en materia de "achegar solucións" a estas entidades, a competencia é estatal.

De todos os xeitos, respecto a Lei de Caixas de Galiza, Caamaño confiou en que a Xunta "acerte nas súas decisións" respecto da regulación das entidades galegas para que os galegos conten con "caixas que aseguren o aforro e a liquidez das empresas".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río