Redacción . Os erros de seguridade na ferramenta de Microsoft permitiron os ataques contra Google e están a desatar unha cadea de advertencias gubernamentais.
A BBC avalía a recomendación de Alemaña contra Microsoft Explorer
O goberno de Alemaña recomendoulle aos usuarios da internet que busquen unha alternativa ao explorador Internet Explorer (IE), de Microsoft, "para garantir a súa seguridade", segundo advertiu a Oficina Federal para a Seguridade da Información xermana; despois de que Microsoft recoñecese que a seguridade do seu explorador fallou nos recentes ataques aos sistemas de Google. Versión de Micorsoft A compañía rexeitou o consello da Oficina, alegando que o risco para os seus usuarios era baixo e que reforzando a seguridade na configuración de Explorer solucionaríanse os problemas, segundo recolle a 'BBC'. Con todo, as autoridades alemás dixeron que nin sequera iso faría a IE completamente seguro para a navegación. O portavoz de Microsoft en Alemaña, Thomas Baumgaertner, dixo que os ataques a Google foron levados a cabo por "persoas moi motivadas e cuns fins moi específicos". "Non houbo ataques contra os usuarios comúns ou os clientes da firma. Non hai ameazas para eles, por iso non apoiamos esta recomendación", dixo. Francia tamén pide deixar de usar o Explorer Pola súa banda, o portavoz da firma de antivirus 'Sophos', Graham Cluley advirte de que o aviso do goberno alemán refírese ás versións 6, 7 e 8 do explorador e sinala que en Internet xa apareceron explicacións sobre como aproveitar as vulnerabilidades do IE. A demais, Certa, o centro francés de tratamento dos ataques informáticos, tamén emitiu unha recomendación para empregar navegadores alternativos "á espera dunha corrección". Segundo Certa, a súa vulnerabilidade permite a unha persoa malintencionada executar código a distancia.
Descargar Tarifas