PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Este luns fai público o informe
A RAG ve no borrador do decreto 'unha involución' do galego

Redacción .  A Real Academia Galega (RAG) remitiulle á Xunta un informe 'extenso' e 'crítico' sobre o borrador do decreto do galego, que fará público este luns.

Reloxo 17.01.2010 | 12:42
TAGS: rag , decreto , galego , lingua ,

Unha reunión de Alberte Núñez Feixóo con membros da Real Academia Galega Unha reunión de Alberte Núñez Feixóo con membros da Real Academia Galega. AGN

Vítor Freixanes explicou que todos os seus membros acordaron este sábado nunha sesión do plenario, celebrada na sede da institución, non facer público o contido do informe até que o reciba o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, "por cortesía".

O informe elaborado por cinco académicos foi debatido nunha nova sesión do plenario como parte dun proceso iniciado o pasado luns e sobre o que a práctica totalidade dos membros manifestaron a súa desconformidade co contido do mesmo.

"Involución para o galego"

Algúns académicos adiantaron que o borrador do decreto do PP é negativo para a supervivencia do galego e que non serve para a súa dinamización nin para a súa protección. De aí que a RAG o considere unha “involución”.

Ademais, sinalaron que a intención da Academia co informe que dará a coñecer este luns –que foi redactado desde a necesidade da preservación do idioma e da normalización lingüística– se centrará en debullar por que o rascuño é negativo para o futuro do galego.

Pola outra banda, o Consello da Cultura Galega dará a coñecer o seu propio informe sobre a proposta de decreto da Xunta o 5 de febreiro e este mesmo martes terá a cita consultiva coa consellaría de Educación. Tras a reunión celebrada o pasado venres, o CCG adiantou que lle pedirá ao Executivo de Alberte Núñez Feixóo que “flexibilice” a fórmula para evitar reducir a presenza do galego ao 33 por cento.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río