PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Presentará unha iniciativa no Parlamento
O PSdeG cualifica de 'ridícula' a achega de 15.000 euros da Xunta para Haití

Redacción .  A portavoz de Cooperación do Grupo Parlamentario Socialista, Silvia Fraga, cualificou de 'vergoñenta e ridícula' a achega, por parte do Goberno de Alberte Núñez Feixóo, de 15.000 euros, para axuda Humanitaria en Haití.

Reloxo 15.01.2010 | 10:14
TAGS: psdeg , haití , silvia fraga ,

Milleiros de haitianos refúxianse nas rúas de Puerto Príncipe Milleiros de haitianos refúxianse nas rúas de Puerto Príncipe. Ho New/Reuters

A socialista sinala nunha nota de prensa que unha traxedia da dimensión de Haití demostra a “falla de sensibilidade social do Goberno do Partido Popular, que pola contra, si prefire comprar coches de luxo”, denuncia.
 
A deputada socialista anuncia que presentará unha iniciativa en sede parlamentaria na que reclamará que se incremente esta cantidade, e proporá unha serie de actuacións dirixidas a axudar aos máis necesitados. Lembrou ademais que as catástrofes naturais desta magnitude multiplican o seu efecto naqueles países nos que non hai estabilidade democrática e non teñen capacidade de responder.

Silvia Fraga dixo que “dende o PSdeG-PSOE apostaremos sempre por defender e  fortalecer dende os países desenrolados, propostas e iniciativas para os países subdesenvolvidos como Haití proxectos básicos para a poboación, educativos, sanitarios que son os que en definitiva consolidan os dereitos sociais”.

Advirte que Galiza non pode permanecer á marxe desta catástrofe e insiste que “a nula sensibilidade do Goberno de Feixóo demostra que non esta a alturas das circunstancias”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río