PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
Por danos nas liñas
Uns 106.000 fogares fican sen electricidade

Europa Press Uns 106.000 fogares atópanse sen luz en Galiza debido aos danos rexistrados nas liñas eléctricas, sobre todo pola caída de árbores que provocaron de madrugada os fortes refachos de vento, segundo informou a Europa Press un portavoz de Gas Natural-Unión Fenosa.

Reloxo 14.01.2010 | 12:03

Árbore derrubada polo temporal na Zapateira, A Coruña o ano pasado Árbore derrubada polo temporal na Zapateira, A Coruña o ano pasado. Flickr: P. Herrero

As provincias de Pontevedra e A Coruña foron as máis afectadas, sobre todo esta última na que concellos como Betanzos estiveron toda a noite sen luz, unha situación que se mantén nalgunhas zonas do municipio aínda a esta hora.

Nesta provincia, as liñas máis afectadas son a de Mesón do Vento-Sigüeiro e a de Mesón do Vento-Bergondo, que fornecen a electricidade a estes municipios, tamén afectados por cortes de luz. Estas mesmas liñas tamén dan servizo a outros concellos que a tal hora continúan sen subministración, como parte de Betanzos.

Tamén en Coirós houbo cortes de luz durante practicamente toda a noite, un situación que se repetiu noutros puntos da xeografía galega como a zona de Arousa.

Os responsábeis da compañía sinalaron que no momento de maior incidencia dos fortes refachos de vento chegaron a ser até 200.000 os usuarios afectados pola falta de subministración de luz durante a madrugada, pero indicaron que esta situación se foi liquidando paulatinamente "sobre todo no sur e, en concreto, na provincia de Pontevedra que é por onde entrou o temporal", precisaron.

Operativo

Unhas 600 persoas traballan nestes momentos no operativo disposto pola compañía para emendar os problemas de subministración, ás que se suman outras 250 en atención telefónica. A diferenza do 'Klaus', a compañía asegura que nesta ocasión non rexistraron caídas de tendido eléctrico, pero si danos nas liñas ocasionados pola caída das árbores.

"Estase respondendo na medida en que se pode acceder ás liñas porque o problema non está na súa reparación, senón en que os operativos poidan chegar a elas porque a caída das árbores dificulta os accesos", explicou un portavoz, quen sinalou que a subministración se irá restabelecendo "progresivamente" en toda Galiza.

Respecto diso, indicaron que "se o tempo acompaña será máis rápido", afirmaron ao incidir en que os operativos centran os seus esforzos en levantar as árvores que dificulta o acceso ás zonas onde están situadas as liñas eléctricas afectadas. En provincias como a de Pontevedra, os equipos levan traballando desde as catro da madrugada para tratar de reparar os danos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río