PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Resaca da Copa en Portomarín
Cruce de denuncias pola caza de raposos

Redacción .  Mentres os cazadores denuncian por danos en sinais, os ecoloxistas presentan probas gráficas das ameazas. “Sácoche os dentes dun culatazo”, entre elas.

Reloxo 30.01.2008 | 18:48

Cazadores ameazan a ecoloxistas Cazadores a título individual e tres presidentes de tecores da provincia de Lugo presentaron denuncias ante a Garda Civil de Portomarín (Lugo) polos danos ocasionados supostamente por asociacións ecoloxistas nas sinalizacións das sociedades de caza.

O presidente da Federación Lucense de Caza, Francisco López, comentou que están a chegar denuncias ao cuartel da Garda Civil de forma "constante". Tamén a Federación Galega de Caza estuda se presentan denuncia, criticando as pintadas realizadas en oposición ao Campionato de España, que se desenvolveu o pasado domingo.

A outra cara da moeda, a dos ecoloxistas que se opuxeron á masacre de raposos, tamén inclúe denuncias. Ante a Garda Civil e a través dos máis gráficos exemplos colgados na Rede. Así, un vídeo que se pode ver no YouTube recolle as ameazas dun grupo de cazadores a ecoloxistas que pretendían boicotear o campionato.

Membros de Verdegaia presentaron denuncias despois de sufriren agresións por parte de cazadores participantes.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río