PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Por reunirse con Batasuna
Arquivada a causa contra Ibarretxe e López

Redacción .  O Tribunal Supremo vén de confirmar o arquivo da causa aberta contra o lehendakari Patxi López (PSOE) e o seu antecesor, Juan José Ibarretxe (PNV), por reunirse con ex dirixentes da ilegalizada Batasuna durante o cesamento do lume da ETA no 2006, ao entender que os feitos non constitúen delito.

Reloxo 13.01.2010 | 15:48

Juan José Ibarretxe e Patxi López Juan José Ibarretxe e Patxi López

Así o informaron fontes do Alto Tribunal, que sinalaron, no entanto, que os cinco maxistrados que examinaron o asunto estimaron o recurso presentado polo Foro Ermua e Dignidade e Xustiza contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) de arquivar agora hai un ano a causa por falta de acusación lexítima.

Así, o Supremo considera que estas dúas asociacións si estaban lexitimadas para pedir a apertura de xuízo oral contra López e Ibarretxe, o actual conselleiro vasco de Interior, Rodolfo Ares; e cinco membros da esquerda abertzale, pero acorda por maioría confirmar o arquivo ao entender que os feitos non son constitutivos de delito.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río