PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
BANCAJA APORTA ATÉ 3.000 EUROS
Premio para os emprendedores da Universidade de Vigo

Redacción .  O 4 de marzo remata o prazo para a primeira convocatoria dun novo galardón para mozos universitarios que transformen as súas investigacións en proxectos empresariais.

Reloxo 13.01.2010 | 11:07
TAGS: bancaja , i+d+i , uvigo ,

Ana Gueimonde presenta o premio Bancaja para emprededores Ana Gueimonde presenta o premio Bancaja para emprededores. UVIGO

Impulsar e difundir no ámbito da Universidade de Vigo os valores e aptitudes propios da cultura emprendedora é o obxectivo fundamental co que nace o I Premio Bancaja Mozos Emprendedores, un certame promovido pola Cátedra Bancaja que premiará con 3.000 euros o mellor proxecto empresarial innovador xurdido en calquera área de coñecemento da Universidade de Vigo.

A institución olívica explica na súa web que ao certame poden presentar candidaturas como emprendedores, tanto individualmente como en grupo, estudantes, investigadores, docentes e alumnado que finalizase os seus estudos durante os tres últimos anos en calquera dos campus da Universidade e que non teñan constituído unha empresa con anterioridade ao 30 de xaneiro de 2009.

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro día 4 de marzo. Ana Gueimonde, directora da cátedra, sinala que “nas universidades créase coñecemento que ten potencialidade para se converter en novos negocios pero a dificultade está en materializar ese pole de ideas en proxectos viábeis e solventes. Con este premio queremos contribuír para que eses traballos se concreticen ou, cando menos, queremos apoiar aos membros da Universidade de Vigo que desenvolven novas propostas empresariais para que continúen nese camiño”.

Gueimonde subliña tamén o feito de que a convocatoria estea destinada unicamente a estudantes, investigadores, docentes e recén titulados da Universidade de Vigo. “Se ben outros premios similares están dirixidos a todo o público en xeral, este certame supón unha achega económica para proxectos que nazan exclusivamente na nosa Universidade”, afirma.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río