PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
De balde
Google quere dixitalizar a hemeroteca dos xornais gratuítos

Redacción .  O responsábel de Google Noticias e Google Libros en España, Luis Collado, ofreceuse a dixitalizar sen cobrar por elo a hemeroteca dos xornais e revistas gratuítas que hai no Estado, máis de 200 nestes momentos, segundo a Asociación Española da Prensa Gratuíta (AEPG).

Reloxo 13.01.2010 | 11:02

Logo da versión galega de Google Logo da versión galega de Google

Nunha entrevista concedida a AEPG, o responsábel de Google explicou que as publicacións non terían que facer a inversión de dixitalizar os seus números e que a dixitalización dependerá de que os propios editores decidan se lles interesa estar en Internet e que Google inclúa todos os contidos para que se poidan atopar a través de Google.

Dende a AEPG este ofrecemento foi acollido positivamente. O director xeral desta asociación, Víctor Núñez, cualificou o ofrecemento como “unha magnífica noticia que supón un aire fresco para os medios que están loitando por sobrevivir ante a crise e que non están recibindo ningún tipo de axuda fronte aos grandes do sector da prensa”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río