Manuel Vilas . Un vogal actual da Executiva de Feixóo cobrou da 'caixa b' máis de 1.600 euros polos gastos dunha viaxe á Arxentina, segundo explicou o contábel da trama corrupta.
O diario El País achegaba onte novos datos das conexións da trama corrupta do caso Gürtel co PP a nivel estatal. Así, a Xustiza tería entrado nunha nave industrial en Alcorcón e atopado probas de agasallos dos detidos a líderes do PP. Trataríase de gran cantidade de documentación de viaxes a través da firma Pasadena Viajes S.L. Mariano Raxoi, do que atopou mesmo unha copia do DNI, o senador Luís Bárcenas e Alejandro Agag serían algúns dos beneficiados destas excursións sen pagalas, segundo figura na parte do sumario que aínda non é pública. Nos tomos xa desclasificados figura un apunte que proba que a trama tamén organizou e pagou en negro viaxes a cargos actuais do PP de Galiza, como adiantara A Nosa Terra en outubro. En concreto, Arturo González Gil, vogal actual na directiva conservadora de Ourense e Galiza, cobrou 1.620 euros no 2004. Os cartos procedían da “caixa B” de Pasadena Viajes. Así figura no no lapis de memoria coas 'contas en negro' incautadas ao contábel da trama, José Luíz Izquierdo. No disco atopouse “un apunte de pago ao presidente do PP na Arxentina (Arturo González Gil) por valor de 1.620 euros”, destaca a Policía no seu informe do primeiro interrogatorio ao contábel, que segue imputado. O Gürtel ofrecía viaxes a líderes do PP Nun interrogatorio posterior, o xuíz cuestiona a Izquierdo sobre este pago, pero o contábel non é quen de apuntar máis detalles, salvo que se realizou unha viaxe por parte de alguén do PP ao país austral nesas datas. Cómpre lembrar que ets empresas da trama, Pasadena Viajes, era utilizada por Francisco Correa e Pablo Crespo (ex-número 3 do PpdeG e vogal de Portos de Galicia até 2005) para agasallar viaxes a altos cargos conservadores cos que facían negocios. Directivo na Executiva galega de Feixóo O beneficiario do pago, efectuado en negro segundo a declaración de Izquierdo, foi o líder do PP arxentino até novembro de 2006. Arturo González Gil continúa a militar no PP. De feito, é directivo dos conservadores galegos, pois é vogal da emigración do Comité Executivo de Ourense, segundo figura na súa web. Os 'populares' escollérono para o mesmo cargo (vogal da emigración) no XIII Congreso do PP de Galiza, cando Alberte Nuñez Feixóo substituiu a Fraga á fronte do partido. A presencia do nome de Gil no sumario desmonta un dos argumentos de defensa que está a empregar o PP. Os conservadores galegos aseguran que ningún dos seus directivos actuais aparece citado no sumario.
Arturo González Gil, á esquerda, nun mitin con Raxoi en Arxentina
Descargar Tarifas