PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
A axencia pertencía a Francisco Correa
As viaxes privadas do PP, investigadas no Caso Gürtel

Redacción .  O xuíz que instrúe o caso Gürtel, Antonio Pedreira, está a investigar documentos da axencia de viaxes Pasadena de Madrid, que contrata as viaxes privadas dalgúns dos cargos imputados na trama de corrupción que dirixía Francisco Correa.

Reloxo 12.01.2010 | 09:01
TAGS: gürtel , viaxes , corrupción , pp ,

José María Aznar, ex presidente do Goberno español José María Aznar, ex presidente do Goberno español. Nacho Doce/Reuters

Pedreira está analizando agora a documentación sobre as viaxes privadas de diversos dirixentes do PP. Cando por orde xudicial se comisou información da trama, as empresas que dirixía Francisco Correa levaron até unha nave industrial en Alcorcón (Madrid) onde se localizou toda a documentación da actividade de Pasadena viaxes, a axencia de Correa que se converteu na provedora oficial do PP durante anos, segundo publica El País.

Pasadena organizaba todas as viaxes do partido e do presidente, José María Aznar, e até as campañas electorais cos xornalistas. Algunhas desas viaxes figuran como "non pagadas" polo que se tratarían de agasallos por parte de Pasadena a membros do Partido Popular.

Diñeiro desviado na trama

Case un ano despois de que estalase o caso, o maxistrado está centrando a súa investigación en pescudar o paradoiro do diñeiro desviado pola 'Rede Gürtel' ao exterior, que podería elevarse a 40 millóns de euros. Por iso, trata de descubrir a estrutura financeira e mercantil montada no estranxeiro, que alcanza quince países.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río