PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
A CIBERIRMANDADE ALERTA DO 'ABSURDO'
Campaña para que os Teletubbies volvan ao galego

Redacción .  A TVG, tras a chegada do PP, emite a serie en inglés con subtítulos en galego, cando antes estaba no idioma propio do país. Iso malia que o programa está dirixido a nenos moi cativos, que non saben ler.

Reloxo 12.01.2010 | 08:31
TAGS: Teletubbies , galego , tvg ,

Nova sintonía dos Teletubbies na TVG, en inglés subtitulado. youtube:cernekernel

A Ciberirmandade, colectivo cidadán a prol do galego nas novas tecnoloxías, asegura que “emitir contidos en inglés na TVG podería ser unha boa idea, xa que ofrece por unha banda a posibilidade de nos familiarizar coa lingua máis útil do planeta e por outra ofrécenos a oportunidade de gozar da voz real das actrices e actores”.

Iso si, o grupo de activistas considera que “resulta sorprendente" que, como adiantara ANT, "na TVG eliminen o programa falado en galego con máis audiencia infantil, 'Os Teletubbies', para substituílo pola súa versión en inglés con subtítulos en galego, cando a franxa de idade deste programa son telespectadores de entre 1 e 2 anos que dificilmente entenderán os debuxos na lingua de Shakespeare, nin saberán ler os subtítulos na lingua dos Bolechas”.

“Pódese realizar unha xestión televisiva máis absurda e galegófoba?” pregúntase a Ciberirmandade, que anima aos internautas a enviar a súa protesta aos xestores da TVG “lembrándolles cales son as súas obrigas con respecto ao fomento do idioma de noso entre a poboación máis nova do pais”.

O colectivo de dobradores galegos xa protestou pola nova política de emitir series na TVG 2 en inglés, no lugar de aproveitar as dobraxes ao galego. Cómpre lembrar que coa TDT todos os programas xa se poden ver en versión orixinal.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río