Europa Press . María Esther González Saavedra tomou posesión do seu cargo como directora da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, organismo dependente do Ministerio de Fomento a través da Dirección Xeral da Mariña Mercante.
Nun comunicado, o departamento de Xosé Blanco, que nomeou a González Saavedra a proposta do Consello de Administración, informou que a nova responsábel, nacida en Cedeira, enxeñeira agrónoma e funcionaria de carreira, foi anteriormente directora xeral de Protección Civil da Xunta. González Saavedra releva a Pilar Tezo Mora-Granados, que permaneceu á fronte da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima durante máis de cinco anos.
Operación de rescate de Salvamento Marítimo
Descargar Tarifas