Redacción . Máis do 90 por cento dos produtos adheridos á marca 'Galicia Calidade' pertencen ao sector agroalimentario e da pesca, mentres o 10 por cento restante proveñen do sector industrial e dos servizos.
Segundo destacou a Consellaría de Economía e Industria nun comunicado, a sociedade pública certificadora conta cun total de 33 empresas e máis de 100 dos mellores produtos galegos. Como "retos e obxectivos ambiciosos" para o 2010, o departamento autonómico fixouse alcanzar unha maior proxección internacional nos mercados europeos, asiáticos e americanos.
Lonxa de peixe.
Así mesmo, pretende conseguir "que o consumidor saiba que os produtos teñen plenamente certificada a súa calidade", para constatar que o distintivo supón unha diferenciación dos mesmos. Con motivo da celebración do Ano Santo, a consellaría sinalou o Xacobeo como "un período de oportunidades" para as empresas galegas, polo que chamou a aproveitar este "potente reclamo".
Descargar Tarifas